Unha fin de semana ben intensa






A Xanela do Maxín tivemos unha fin de semana ben intensa con esta primeira edición de "A Gárgola do Mestre Mateo"

Visitamos tres parroquias do rural de Compostela: Aríns, A Peregrina e Laraño coa colaboración, implicación e complicidade das agrupacións folclóricas e asociacións culturais destas parroquias, desenvolvemos NOVE obradoiros de música, danza e arte e TRES funcións do espectáculo de teatro. Con todas as medidas de seguridade, tendo en conta todos os coidados necesarios, empregamos e valorizamos espazos do patrimonio cultural e arquitectónico do rural compostelán, e sobretodo, creamos COMUNIDADE.
Nos tres lugares os AFOROS COMPLETÁRONSE, a veciñanza participou moi activamente e as entidades culturais contribuiron con absoluta entrega e comunión co proxecto.

Teimamos en facer fincapé en que #aculturaésegura e mellora a vida das persoas.
Precisamos como sociedade, como colectivo, de xuntarnos e crear conxuntamente. Precisamos a música, o teatro e a arte como maneiras de expresión.
Precisamos poder empregar os nosos locais de ensaio, poder retomar as actividades coa veciñanza, e precisamos rir xuntos, como fixemos esta fin de semana.

Publicacións populares deste blog

Este domingo A Gargola do Mestre Mateo chega a Negreira!

Algunhas das fotos da función de hoxe!!