Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2021

CONVOCATORIA DO CONCURSO DE CARTEIS

Imaxe
Con motivo das representacións do espectáculo “A Gárgola do Mestre Mateo” nos concellos de Rianxo, Ribeira, Toques, Arteixo e Noia durante os meses de xuño e xullo, a compañía de teatro A Xanela do Maxín convoca un concurso de carteis. OBXECTO DO CONCURSO O obxecto do concurso é visibilizar as representacións de “A Gárgola do Mestre Mateo” que se levarán a cabo nestes lugares. Un espectáculo multidisciplinar baseado na obra “A Viaxe de Saira” e dirixido ao público familiar con base na cultura e na tradición propias, na que colaborarán, entre outros, a Deputación da Coruña, as Agrupacións folclóricas Fogo Fatuo, o Balado, do Liceo de Noia, Xiradela e Tahume, así como as compañías de teatro Alakrán e Ribeirart e os Concellos de Rianxo, Ribeira, Toques, Arteixo e Noia. Os 5 carteis gañadores usaranse para o anuncio  de dito espectáculo tanto en formato físico como dixital.  BASES DO CONCURSO 1. Participantes: Poderá participar no concurso calquera alumna ou alumno dos cursos 1º, 2º, 3º e