Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2021

Últimos ensaios de música e baile en Arteixo

Imaxe
Xa non queda nada! Moitos nervios e ilusión entre as rapazas e rapaces que participarán no espectáculo "A Gárgola do Mestre Mateo" en Arteixo o 2 de xullo.  A reactivación da cultura é un dos obxectivos principais deste proxecto. As afeccionadas e afeccionados son un pilar fundamental e hai disposición dabondo para unha volta á normalidade segura e real. E que a festa non pare!!!  

Arteixo, 2 de xullo ás 20:30h (Anfiteatro)

Imaxe
Coa colaboración da Deputación da Coruña, do Concello de Arteixo, o apoio da Xunta de Galicia, do Xacobeo 21-22 e a participación da Agrupación Folclórica Xiradela

Fotos "A Gárgola do Mestre Mateo" en Toques

Imaxe
Aí vos deixamos algúns momentos da actuación de hoxe na Aula da Natureza de Toques coa agrupación Folclórica o Balado e a colaboración da Deputación da Coruña, da Xunta de Galicia, do Xacobeo 2021 e do Concello de Toques

Comeza a emisión en directo!!

Imaxe
Non vos perdades a retransmisión en directo de "A Gárgola do Mestre Mateo" en Toques!!!  https://youtu.be/4aiIU51xWc4 Coa colaboración da Deputación da Coruña, do Concello de Toques, da Xunta de Galicia, do Xacobeo 2021 e da agrupación folclórica O Balado .

Agrupación Folclórica O Balado

Imaxe
Presentámosvos a Agrupación Folclórica O Balado, que participarán coas súas músicas e bailes na representación de "A Gárgola do Mestre Mateo". Un pracer!!! Coa colaboración da Deputación da Coruña e do Concello de Toques.

Construción do xigante en Toques

Imaxe
Construíndo o Xigante que despedirá o espectáculo de "A Gárgola do Mestre Mateo" aquí, en Toques e que comezará ás 12:30h na marabillosa Aula da Natureza do municipio. Coa colaboración da Deputación da Coruña e do Concello de Toques.

Ensaios de Toques

Imaxe
Xa falta pouco para a actuación, e en Toques continúan os ensaios! Coa colaboración da Agrupación Folclórica O Balado, o Concello de Toques e a Deputación da Coruña.

Toques, 27 de xuño ás 12:30h (Aula da Natureza)

Imaxe
Coa colaboración da Deputación da Coruña, do Concello de Toques, o apoio da Xunta de Galicia, do Xacobeo 21-22 e a participación da Agrupación Folclórica O Balado

Entrega de premios do Concurso de Carteis 2021

Imaxe
Hoxe tivo lugar a celebración da entrega de premios do Concurso da Gárgola do Mestre Mateo. O alumnado gañador recibiu un lote de libros da editorial Guindastre Edicións e un monicreque, ademais de desfrutar coas súas compañeiras e compañeiros da retransmisión online en directo de "A Viaxe de Saira".  Coa colaboración da Deputación da Coruña

Carteis gañadores de "A Gárgola do Mestre Mateo" 2021

Imaxe
Estes son os carteis gañadores do Concurso "A Gárgola do Mestre Mateo" 2021 Aleixo Anido  - 3ºA do CEIP de Palmeira (Ribeira) Carla Martínez - 4ºB do CEIP Felipe de Castro (Noia) Bruno Villamor - 4º do CEIP de Toques Grupal 2º do CEP Xosé Mª Brea Segade