Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2021

Fotos de "A Gárgola do Mestre Mateo" en San Lourenzo (Santiago)

Imaxe
Deste modo despedimos o noso paso por Santiago neste 2021 co noso proxecto "A Gárgola do Mestre Mateo", á espera de voltar pronto! Grazas ao OCT Ultreia, aos Armadanzas de Laraño, a Alakrán Producións, a Ribeirart e, por suposto, ao Concello de Santiago por facer posible esta experiencia.

OCT Ultreia en Villestro

Imaxe
Despedimos por todo o grande ao OCT Ultreia, que nos acompañou en catro das funcións de "A Gárgola do Mestre Mateo" ao noso paso por Compostela. Grazas mil!!! Organizadas por A Xanela do Maxín, coa colaboración do Concello de Santiago.

Obradoiro de Xigantes en San Lourenzo (Santiago)

Imaxe
Último obradoiro desta edición de "A Gárgola do Mestre Mateo" en Compostela, na Carballeira de San Lourenzo, cunha chea de mozas e mozos brocha en man. Organizados por A Xanela do Maxín coa colaboración do Concello de Santiago

Fotos de "A Gárgola do Mestre Mateo" na Peregrina

Imaxe
Un lugar máxico para unha función marabillosa. Aquí, nesta carballeira da parroquia da Peregrina, no rural compostelá xunto co OCT Ultreia Coa colaboración do Concello de Santiago.

Fabricando o xigante da Peregrina

Imaxe
Que luxo contar con estas participantes que estan a crear un xigante moi acorde coa contorna na que estamos, a fermosa Carballeira de A Peregrina. Obradoiro organizado por A Xanela do Maxín coa colaboración do Concello de Santiago.

Fotos de "A Gárgola do Mestre Mateo" en Villestro

Imaxe
Aí vos deixamos algunhas das fotos desta marabillosa función na Carballeira de Villestro xunto cos Armadanzas de Laraño.  Organizada por A Xanela do Maxín coa colaboración do Concello de Santiago.

Obradoiro de xigantes en Villestro

Imaxe
E que dicides do amarelo do xigante que está a piques de nacer en Villestro para acompañarnos na aventura de "A Gárgola do Mestre Mateo?".  Todo un luxo as creacións desta rapazada. Grazas ao Concello de Santiago.

Fotos de "A Gárgola do Mestre Mateo" en Grixoa

Imaxe
Continuamos no rural compostelá co noso espectáculo "A Gárgola do Mestre Mateo", comezando o sábado con bo pé dende Grixoa.   Coa participación dos Armadanzas de Laraño e a Colaboración do Concello de Santiago. 

Fabricación dos xigantes de Grixoa

Imaxe
Desta vez toca facer varios xigantes, así que imos acelerando para chegar, porque un deles sairá na función que comeza en pouco menos de unha hora. Organizado por A Xanela do Maxín coa colaboración do Concello de Santiago para a mocidade compostelá.

Fotos de "A Gárgola do Mestre Mateo" en Bando

Imaxe
En Bando con "A Gárgola do Mestre Mateo", comezando unha fin de semana que se presenta completiña. Desta vez xunto cos nosos queridísimos Armadanzas de Laraño e as súas fabulosas e fabulosos artistas. Coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela

Obradoiro de xigantes en Bando

Imaxe
Creando o xigante que nos acompañará durante a función de "A Gárgola do Mestre Mateo" que vai ter lugar ás 19:30h. Organizado por A Xanela do Maxín coa colaboración do Concello de Santiago para mozas e mozos dende os 14 anos.

Fotos de "A Gárgola do Mestre Mateo" en Laraño

Imaxe
Rematamos o día e esta fin de semana con esta función en Laraño. Con estas imaxes despedímonos ata a próxima!

En Laraño cos Armadanzas

Imaxe
Coma na casa!!! Así nos fixeron sentir os Armadanzas en Laraño. Foi xenial!! Organizado por A Xanela do Maxín coa participación dos Armadanzas de Laraño, a colaboración de Alakrán Producións, Ribeirart e o financiamento do Concello de Santiago.

Retransmisión dende a parroquia de Laraño

Imaxe
Porque sabemos que hai moita xente que lle gustaría asistir ao espectáculo e non pode! Por iso abrimos as nosas canles e así compartir con todas e todos estas nosas representacións de "A Gárgola do Mestre Mateo", desta vez dende Laraño! Por A Xanela do Maxín, coa colaboración de Alakrán Producións, Ribeirart e o financiamento do Concello de Santiago.

Fotos de "A Gárgola do Mestre Mateo" en Vista Alegre

Imaxe
Unha fermosísima mañá no parque de Vista Alegre, xunto cos Armadanzas de Laraño! Actuación organizada por A Xanela do Maxín coa colaboración de Ribeirart, Alakrán Producións e o financiamento do Concello de Santiago.

Os Armadanzas de Laraño en Vista Alegre

Imaxe
Así de felices rematamos cos Armadanzas de Laraño a función de "A Gárgola do Mestre Mateo" en Vista Alegre!!! E pola tarde máis!!! Grazas a Ribeirart, a Alakrán Producións, ao Concello de Santiago e por suposto aos Armadanzas de Laraño por esta mañá tan especial. 

Nova emisión en vivo, dende Vista Alegre

Imaxe
Neste fermoso día, comezamos a nosa primeira función de "A Gárgola do Mestre Mateo" en Santiago e con ela a súa emisión en vivo para que poidades vela a través das nosas canles se non podedes asistir á función. Por A Xanela do Maxín, coa colaboración de Ribeirart, Alakrán Producións e o financiamento do Concello de Santiago.

Fotos de "A Gárgola do Mestre Mateo" en Santa Marta

Imaxe
Estas imaxes son do noso paso polo barrio de Santa Marta e transmiten a alegría que vivimos alí esta tarde! Coa participación do OCT Ultreia, a colaboración de Alakrán Producións, Ribeirart e o financiamento do Concello de Santiago. 

Retransmitindo no Barrio de Santa Marta

Imaxe
E aquí a comezamos a retransmisión desta tarde. Dende a Praza Pascual Veiga de Santa Marta neste día tan intenso!! Para as que non o poidades seguir presencialmente, na nosa canle de A Xanela do Maxín en Youtube está en aberto!  Coa colaboración de Ribeirart, Alakrán Producións e o financiamento do Concello de Santiago.

Fotos de "A Gárgola do Mestre Mateo" en Fontiñas

Imaxe
Aí vos deixamos algunhas das fotos do noso paso polo barrio de Fontiñas, xunto co OCT Ultreia, Alakrán Producións, Ribeirart e grazas ao financiamento do Concello de Santiago.

Emisión en directo dende Fontiñas

Imaxe
Unha vez máis emitindo en directo para facilitar o acceso ao espectáculo de todas aquelas persoas que non poidan asistir en directo!!!  Dende Fontiñas para o mundo por A Xanela do Maxín, coa colaboración de Ribeirart, Alakrán Producións e o financiamento do Concello de Santiago.