Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2022

Este domingo A Gargola do Mestre Mateo chega a Negreira!

Imaxe
Seguimos de xira coa A Gárgola do Mestre Mateo , esta fin de semana chegamos a Negreira! Estaremos ás 12:30 do mediodía do domingo na Praza do Concello.  Unha adaptación de A Viaxe de Saira  coa participación especial da Sociedade Folklorica Veiga do Cotón  Ollade ben o cartaz, ademais de todos os datos atoparedes o debuxo que resultou gañador do concurso desta edición feito polas crianzas do EEI de Aro!!! Coa colaboración da Deputación da Coruña , da Xunta de Galicia  , do Xacobeo 21-22, da AGADIC e do Concello de Negreira. 

Fotos "A Gárgola do Mestre Mateo" en Brión.

Imaxe
Que ben o pasamos este domingo en Brión! Deixámosvos algunhas imaxes que resumen o noso paso pola vila xunto a Agrupación Folclórica de Brión.  Coa colaboración da Deputación da Coruña, da Xunta de Galicia , do Xacobeo 21-22, da AGADIC e do Concello de Brión.

Streaming dende Brión

Imaxe
Para que os maiores, pequenas e pequenos que non puideron acudir a Praza do Concello de Brión nos sigan tamén dende as súas casas: A Xanela do Maxín emite en directo esta representación dende a súa canle de YouTube.  Coa colaboración da Deputación da Coruña, da Xunta de Galicia , do Xacobeo 21-22, da AGADIC e do Concello de Brión.

Derradeiro ensaio coa Agrupación Folclórica municipal

Imaxe
 Xa queda menos para que comece a nosa función en Brión. Mentres, estamos a ensaiar puntos e cantigas coa Agrupación Folclórica de Brión.  Coa colaboración da Deputación da Coruña, da Xunta de Galicia, do Xacobeo 21-22, da AGADIC e do Concello de Brión.

A Gárgola do Mestre Mateo chega a Brión! 26 de xuño

Imaxe
  Hoxe mesmo ás 19:30h. estaremos coa #gargoladomestremateo na Praza do Concello de Brión. A entrada será de balde ata completar o aforo. Bulide e non quededes sen sitio! Unha adaptación de #aviaxedesaira coa participación especial da Agrupación Folclórica de Brión.  Ollade ben o cartaz, ademais de todos os datos atoparedes o debuxo que resultou gañador do concurso desta edición feito polas crianzas do CEIP de Pedrouzos!!! Coa colaboración da Deputación da Coruña, da Xunta de Galicia ,do Xacobeo 21-22, da Agadic e do Concello de Brión. 

Fotos "A Gárgola do Mestre Mateo" en Esteiro.

Imaxe
Que ilusión nos fixo volver representar "A Gárgola do Mestre Mateo" este sábado en Esteiro.  Estas son algunhas das fotos da función de hoxe coas agrupacións folclóricas Xeitura e Agrocovo Coa colaboración da Deputación da Coruña, da Xunta de Galicia, do Xacobeo 21-22, da AGADIC e do Concello de Muros.  

Retransmisión en directo dende Esteiro

Imaxe
Dende Esteiro retransmitindo en directo para o mundo! Para que todas as persoas que non puideron asistir de xeito presencial tamén poidan divertirse con "A Gárgola do Mestre Mateo" dende as súas casas. Coa colaboración da Deputación da Coruña, da Xunta de Galicia , do Xacobeo 21-22, da AGADIC e do Concello de Muros.

Xa estamos cos grupos folclóricos Agrocovo e Xeitura.

Imaxe
Este sábado, como xa vos anunciamos, imos estar acompañados polos grupos folclóricos Agrocovo e Xeitura. Deixámosvos unhas fotos do derradeiro ensaio, previo á representación. Coa colaboración da Deputación da Coruña, da Xunta de Galicia, do Xacobeo 21-22, da AGADIC e do Concello de Muros.

O sábado 25 de xuño A Gargola do Mestre Mateo chega a Esteiro!

Imaxe
  Dámoslle a benvida ao verán cheas de enerxía e cunha axenda ben completa. Durante as vindeiras fins de semana estaremos presentando A Gárgola do Mestre Mateo , a primeira das paradas será este sábado as oito da tarde, no Campo do Artón de Esteiro.  Unha adaptación de A Viaxe de Saira  coa participación especial dos grupos folclóricos Agrocovo e Xeitura.  Ollade ben o cartaz, ademais de todos os datos atoparedes o debuxo que resultou gañador do concurso desta edición feito polas crianzas do EEI Tal de Abaixo!!! Coa colaboración da Deputación da Coruña , da Xunta de Galicia  , do Xacobeo 21-22, do Agadic e do Concello de Muros. 

Xa queda menos para que a Gárgola do Mestre Mateo chegue a vilas e aldeas!

Imaxe
Nestes días iremos publicando os carteis nos que poderedes atopar xunto a data e o lugar da actuación o debuxo gañador do concurso de carteis de cada localidade. Mentres ímosvos deixando algunhas fotos da entrega de premios do concurso.  E apuntade! Para que o vaiades axendando deixámosvos unha lista dos lugares nos que actuaremos: - 25 de Xuño en Esteiro - 26 de Xuño en Brión - 3 de Xullo en Negreira  - 9 de Xullo en Escarabote  - 10 Xullo en Vimianzo.  A entrada será libre ate completar o aforo.  Coa colaboración da Deputación da Coruña, da Xunta de Galicia, do Xacobeo 21-21, do AGADIC, do Concello de Muros, do Concello de Brión, do Concello de Negreira, do Concello de Boiro e do Concello de Vimianzo.  Coa participación dos grupos folclóricos Agrocovo e Xeitura (en Esteiro), coa Asociación Cultural Trubisquiña (en Vimianzo), coa Asociación Folklórica Veiga de Cotón (en Negreira), coa Agrupación Folclórica de Brión (en Brión) e coa Asociación Cultural Pedra da Aroña (en Escarabote). 

Carteis gañadores de "A Gárgola do Mestre Mateo" 2022

Imaxe
Estes son os carteis gañadores do Concurso "A Gárgola do Mestre Mateo" 2022. PARABÉNS!!! - BOIRO: Fran Maneiro  - 3º do CEIP de Cespón  - MUROS: Grupo 4º e 5º de infantil  - EEI de Tal de Abaixo - VIMIANZO: Grupo de infantil  - EEI de Carnés - BRIÓN: Carme Vallecillo - 2ºD do CEIP de Pedrouzos  - NEGREIRA: Grupo de infantil - EEI de Aro