Xa queda menos para que a Gárgola do Mestre Mateo chegue a vilas e aldeas!

Nestes días iremos publicando os carteis nos que poderedes atopar xunto a data e o lugar da actuación o debuxo gañador do concurso de carteis de cada localidade. Mentres ímosvos deixando algunhas fotos da entrega de premios do concurso. 

E apuntade! Para que o vaiades axendando deixámosvos unha lista dos lugares nos que actuaremos:

- 25 de Xuño en Esteiro

- 26 de Xuño en Brión

- 3 de Xullo en Negreira 

- 9 de Xullo en Escarabote 

- 10 Xullo en Vimianzo. 

A entrada será libre ate completar o aforo. 

Coa colaboración da Deputación da Coruña, da Xunta de Galicia, do Xacobeo 21-21, do AGADIC, do Concello de Muros, do Concello de Brión, do Concello de Negreira, do Concello de Boiro e do Concello de Vimianzo. 

Coa participación dos grupos folclóricos Agrocovo e Xeitura (en Esteiro), coa Asociación Cultural Trubisquiña (en Vimianzo), coa Asociación Folklórica Veiga de Cotón (en Negreira), coa Agrupación Folclórica de Brión (en Brión) e coa Asociación Cultural Pedra da Aroña (en Escarabote). 







Publicacións populares deste blog

Algunhas das fotos da función de hoxe!!

Este domingo A Gargola do Mestre Mateo chega a Negreira!

Unha fin de semana ben intensa