Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2022

Bailes na Postfunción!

Imaxe
 Para rematar, como é común nas nosas funcións, puxemos a bailar a todo o mundo!! 💕

Algunhas das fotos da función de hoxe!!

Imaxe
Hoxe foi moi especial, pois foi a ultimísima función de "A Gárgola do Mestre Mateo" do mes de decembro. Só temos palabras de agradecemento para todas as funcións que fixemos nos Centros Socioculturais, a todas as agrupacións que fixeron que cada día fora unha experiencia nova e a cada persoa que participou nas actuacións! Vémonos pronto🤪🥳

A última retransmisión dende o CSC de Bornais!!

Imaxe
 Estamos xa retransmitindo a nosa última función do Nadal na nosa canle de YouTube: https://www.youtube.com/watch?v=wjqG7HqutFU 

Hoxe a penúltima no CSC de Meixonfrío!

Imaxe
 Último día de función da edición especial Nadal de "A Gárgola do Mestre Mateo"!!  Hoxe empezamos o día no CSC de Meixonfrío, e sacamos as nosas mellores galas!! 👀

Postfunción en Aríns!

Imaxe
 Hoxe tamén tivemos postfunción no CSC de Aríns, falamos de todas as cousas boas do Nadal e festexamos entre a neve o final da función! 

Que ben o pasamos no CSC de Aríns!!

Imaxe
 Todas as funcións son moi especiais, pero estas últimas fan que aproveitemos cada minuto con vós 😊

Comezamos a última finde con función en streaming!

Imaxe
Só nos quedan 3 funcións... !! Estamos no CSC de Aríns en directo dende a nosa canle de Youtube para que non vos perdades nada!!! 

Postfunción en Bando!

Imaxe
 Para pechar este domingo tan entretido fixemos unha postfunción moi chula, chea de risas!! 🤗

Fotiños no CSC de Bando!!

Imaxe
 Cada función que facemos está chea de maxia, e esta non ía ser diferente... 

En streaming dende o CSC de Bando!!

Imaxe
Para poder ver a última función desta fin de semana podedes premer nesta ligazón!!  https://www.youtube.com/watch?v=tT1SCWAfDmE&t=2361s

No CSC de Vista Alegre esta mañá!

Imaxe
Para dar comezo ao domingo da mellor forma posible viñemos ata o CSC de Vista Alegre a botar uns bailes e uns cantos contos de Nadal 😉

Postfunción en Romaño!

Imaxe
 Na postfunción de Romaño tratamos moitísimos temas relacionados co Nadal e aprendemos moitísimas cousas! Ademais da nevada á saída... 🤪

Algunhas fotos da actuación de hoxe!

Imaxe
 Na compañía da asociación Ultreia fixemos este ESPECTÁCULO que nos levou a pasar tantos bos momentos!!

Estamos retransmitindo en directo dende o CSC de Romaño!!

Imaxe
 Por se non o podedes ver en persoa... en streaming na nosa canle de YouTube!      https://www.youtube.com/@axaneladomaxin6699   

Hoxe pola mañá no CSC de Vite!!

Imaxe
 Hoxe pola mañá estivemos no CSC de Vite e tivemos unha función moi divertida na que gozamos moitsísimo!!  Algunhas das fotiños de hoxe...   

Postfunción en Laraño!

Imaxe
      Na Postfunción de Laraño compartimos e aprendimos moitísimas cousas! Que sorte poder ter estes anaquiños de aprendizaxe 😊 

Pola tarde no CSC de Laraño!!

Imaxe
Para poñerlle o broche de ouro a esta finde tan máxica na que lle demos inicio a xira especial de Nadal da Gárgola do Mestre Mateo, fomos parar a Laraño, e alí volvemos sentirnos cunha grande acollida!!  Rematamos cunha nevada na que as familias moito desfrutaron para darlle a benvida ó nadal e ó frío!!  

ESTAMOS EN DIRECTO EN STREAMING NA NOSA CANLE DE YOUTUBE!!

Imaxe
 

Visitamos Grixoa esta mañá!!

Imaxe
Por se o de onte nos parecera pouco, hoxe volvemos con dúas funcións incríbles! A primeira foi no CSC de Grixoa, na que nos fixeron sentir coma na casa! 

Postfunción en Sta Marta!!

Imaxe
Para conectar un pouco máis coa xente, se cabe, fixemos unha postfunción na que falamos de diversos temas do Nadal e do significado para cada unha das presentes!!

Algunhas fotos da función de hoxe pola tarde

Imaxe
 Algunhas fotiños do ben que o pasamos hoxe con todo o público no CSC de Sta Marta! 

Pola tarde no CSC de Santa Marta ás 18:00h con función en streaming!

Imaxe
 Por se non podedes acudir á función de hoxe no Centro Sociocultural de Sta Marta podedes vela a través da nosa canle de YouTube en Streaming!!

"A Gárgola do Mestre Mateo" no CSC do Castiñeiriño pola mañá!!

Imaxe
       Hoxe tivemos o enorme pracer de comezar a xira de Nadal no Centro Socioculturail do Castiñeiriño acompañadas do grupo Armandanzas de Laraño que amenizaron a posta en escea sendo partícipes tamén da propia obra!  Algunhas fotiños que nos deixaron moi bo sabor de boca! 

A Gárgola do Mestre Mateo edición Nadal nos barrios e parroquias de Santiago de Compostela en decembro 2022

Imaxe
         Logo das pasadas edicións da Gárgola do Mestre Mateo, onde percorremos os barrrios e as parroquias de Santiago, chega a edición especial do Nadal , adaptándonos a un dos meses máis máxicos do ano! Vémonos nos Centros Socioculturais ⛄️🥳