Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xullo, 2021

Fotos de "A Gárgola do Mestre Mateo" no Castiñeiriño

Imaxe
Todo un día para a lembranza. E rematamos no Castiñeiriño con "A Gárgola do Mestre Mateo" emocionadas e agradecidas. Á Agrupación Coto da Nai pola súa participación, a Alakrán Producións e Ribeirart pola súa colaboración e ao Concello de Santiago polo financiamento da actividade. Sen vós non tería sido posible! Grazas!!!

Segunda retransmisión de hoxe. O Castiñeiriño

Imaxe
Acabamos de comezar a emitir tamén dende o Castiñeiriño! Un público excelente na praza e tamén o que nos seguen dende a casa. Mil grazas!!! Por A Xanela do Maxín. Participa AF Coto da Nai. Colaboran Alakrán Producións e Ribeirart. Financia o Concello de Santiago.

Fotos de "A Gárgola do Mestre Mateo" en Sar

Imaxe
Aquí algunhas imaxes do noso paso pola Colexiata de Sar, en Compostela. Organizada por A Xanela do Maxín coa colaboración de Alakrán Producións, Ribeirart e o financiamento do Concello de Santiago.

Agrupación Folclórica Coto da Nai en Sar

Imaxe
Presentámosvos ás Tendereteiras da AF Coto da Nai, que nos acompañarán en varias das nosas representacións por Compostela. Desta vez na Colexiata de Sar. Organizadas por A Xanela do Maxín coa colaboración especial de Alakrán Producións, Ribeirart e o financiamento do Concello de Santiago.

Emitindo en streaming dende a Colexiata de Sar

Imaxe
  Conectamos por este medio con todas aquelas persoas que por cuestións de movilidade, saúde ou limitación de aforo non poden asistir á representación de "A Gárgola do Mestre Mateo" por A Xanela do Maxín, que está a ter lugar agora mesmo na Colexiata de Sar, coa participación das Tendereteiras da AF Coto da Nai e grazas ao Concello de Santiago. Moito ánimo a todas e a todos! 

Actuacións nos barrios e parroquias de Santiago de Compostela 2021

Imaxe
 

Fotos de "A Gárgola do Mestre Mateo" en Rianxo

Imaxe
Disque máis vale unha imaxe, que mil palabras. Pois aí van unhas cantas da función de onte en Rianxo! Organizada por A Xanela do Maxín, coa participación de Fogo Fatuo e a colaboración do Concello de Rianxo, da Deputación da Coruña, da Xunta de Galicia e do Xacobeo 2021.

Agrupación Folclórica Fogo Fatuo

Imaxe
Como gozamos hoxe en Rianxo coa Agrupación Fogo Fatuo!  Todo un pracer. Grazas mil!!! Coa colaboración do Concello de Rianxo, a Agrupación Folclórica Fogo Fátuo e a Deputación da Coruña.

Retransmitindo a función en directo, agora mesmo!

Imaxe
En directo dende o patio do CEIP Castelao de Rianxo con A Xanela do Maxín e Fogo Fatuo, "A Gárgola do Mestre Mateo"!!!  Coa colaboración do Concello de Rianxo, a Deputación da Coruña, a Agrupación Folclórica Fogo Fatuo, a Xunta de Galicia e o Xacobeo 2021.

O xigante está por nacer...

Imaxe
Primeiros pasos na creación da cabeza para o noso xigante de hoxe, con grandes axudantes. E, por suposto, con materiais reciclados!  Coa colaboración do Concello de Rianxo e da Deputación da Coruña 

Rianxo, 11 de xullo ás 12:30h (Patio do CEIP Castelao)

Imaxe

Fotos de "A Gárgola do Mestre Mateo" en Ribeira

Imaxe
Non podiamos agardar máis en mostrarvos estas imaxes da función de hoxe, para que as desfrutedes!!! Organizada A Xanela do Maxín, na que participa a agrupación Tahúme e colaboran o Concello de Ribeira, a Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e o Xacobeo 2021.

Agrupación Folclórica Tahúme

Imaxe
Aquí están. Grandes!!!! A agrupación folclórica Tahúme, de Ribeira, despois dunha espectacular actuación en "A Gárgola do Mestre Mateo". Colaboran o Concello de Ribeira e a Deputación da Coruña.

Hoxe tamén emitimos en vivo

Imaxe
A función tamén está a ser retransmitida mediante youtube e Facebook!!!  Coa colaboración do Concello de Ribeira, da Deputación da Coruña, da Xunta de Galicia e do Xacobeo 2021. En youtube dende a canle de A Xanela do Maxín:  https://www.youtube.com/channel/UCo9scX6qaI3SylIAYPn9mxg E en facebook retransmite o Concello de Ribeira:  https://www.facebook.com/Enterate-Cultura-Festas-Xuventude-319482158258888/

Obradoiro de Xigantes!!

Imaxe
Porque a arte está sempre viva!!! Resultado fantástico o deste grupo de rapazas de Ribeira que participaron na creación da xigante que sairá na función que comeza en breve!  Porque a cultura e a arte seguen a ser seguras!!! Coa colaboración do Concello de Ribeira e da Deputación da Coruña.

Ribeira, 10 de xullo ás 22:15h (Pza Porta do Sol)

Imaxe

Ensaios para as actuacións de Ribeira e Rianxo

Imaxe
RIBEIRA En de Ribeira xa están quentando motores para esta fin de semana, na que participarán cos seus bailes e músicas en "A Gárgola do Mestre Mateo".  Preparadas e preparados! Agardámosvos o sábado ás 22:15h. na Praza Porta do Sol de Ribeira, coa colaboración do Concello de Ribeira, da Deputación da Coruña e da Agrupación Folclórica Tahúme.  RIANXO E en Rianxo están tamén case listas e listos para acompañar á gárgola dende Francia a Compostela este domingo ás 12:30h. no patio do CEIP Castelao.  Non vola podedes perder!! Coa colaboración do Concello de Rianxo, da Deputación da Coruña e da Agrupación Folclórica Fogo Fatuo. Grazas a todas e todos!!! É un inmenso pracer que nos acompañedes nesta aventura

Fotos de "A Gárgola do Mestre Mateo" en Noia

Imaxe
Estas son algunhas das fotos da función de hoxe na Sociedade Liceo de Noia coa agrupación Folclórica do propio Liceo.  Coa colaboración do Concello de Noia, a Sociedade Liceo de Noia, da Deputación da Coruña, da Xunta de Galicia e do Xacobeo 2021.  

Agrupación Folclórica do Liceo de Noia

Imaxe
Aquí estamos todas e todos!! A Xanela do Maxín coa Agrupación do Liceo de Noia.  Moi ben o pasamos! Coa colaboración do Concello de Noia, da Sociedade Liceo de Noia e da Deputación da Coruña.

Retransmisión en directo

Imaxe
En Noia tamén retransmitimos en directo! Dende o Liceo para o mundo!!! Coa colaboración da Sociedade Liceo de Noia, do Concello de Noia, da Deputación da Coruña, da Xunta de Galicia e do Xacobeo 2021.

Creando o xigante para hoxe...

Imaxe
Aí o ven!!!  Xa está nacendo o xigante que nos acompañará na función de hoxe!!!  Ás 12:30h, "A Gárgola do Mestre Mateo" no Liceo de Noia.  Coa colaboración do Concello de Noia, da Sociedade Liceo de Noia e da Deputación da Coruña.

Ensaios para a función de mañá!

Imaxe
Últimos ensaios das bailadoras e bailadores no Liceo de Noia, preparándose para a función de mañá. Coa colaboración do Concello de Noia, da Sociedade Liceo de Noia e da Deputación da Coruña

Noia, 4 de xullo ás 12:30h (Liceo)

Imaxe