Nestes días iremos publicando os carteis nos que poderedes atopar xunto a data e o lugar da actuación o debuxo gañador do concurso de carteis de cada localidade. Mentres ímosvos deixando algunhas fotos da entrega de premios do concurso. E apuntade! Para que o vaiades axendando deixámosvos unha lista dos lugares nos que actuaremos: - 25 de Xuño en Esteiro - 26 de Xuño en Brión - 3 de Xullo en Negreira - 9 de Xullo en Escarabote - 10 Xullo en Vimianzo. A entrada será libre ate completar o aforo. Coa colaboración da Deputación da Coruña, da Xunta de Galicia, do Xacobeo 21-21, do AGADIC, do Concello de Muros, do Concello de Brión, do Concello de Negreira, do Concello de Boiro e do Concello de Vimianzo. Coa participación dos grupos folclóricos Agrocovo e Xeitura (en Esteiro), coa Asociación Cultural Trubisquiña (en Vimianzo), coa Asociación Folklórica Veiga de Cotón (en Negreira), coa Agrupación Folclórica de Brión (en Brión) e coa Asociación Cultural Pedra da Aroña (en Escarabote).