O PROXECTO

 A Gárgola do Mestre Mateo é un proxecto social con base na cultura e a tradición propias. Nel achégase ao público familiar ao teatro a través do vínculo coa música tradicional, nun espectáculo profesional multidisciplinar

Buscamos con esta proposta fomentar a significación directa da propia comunidade, facendo partícipes do espectáculo aos membros da agrupación de música tradicional e folclore local, provocando e facilitando a participación activa no mesmo.

As entidades participan coas súas danzas e música, pero tamén cos traxes tradicionais, convertendo este espectáculo, ao mesmo tempo, nun escaparate que dignifica e pon en valor a riqueza de tecidos, traxes, bordados, encaixes e adobíos; imprescindible patrimonio material e etnográfico galego.

Achegar, en definitiva, ao público familiar ao teatro a través do vínculo coa música tradicional, e unindo o tecido social ao transformar á veciñanza en protagonista activa e non só en receptora da actividade.

Publicacións populares deste blog

Unha fin de semana ben intensa

Este domingo A Gargola do Mestre Mateo chega a Negreira!

Algunhas das fotos da función de hoxe!!