Ensaios para as actuacións de Ribeira e Rianxo
RIBEIRA
En de Ribeira xa están quentando motores para esta fin de semana, na que participarán cos seus bailes e músicas en "A Gárgola do Mestre Mateo".
Preparadas e preparados!
Agardámosvos o sábado ás 22:15h. na Praza Porta do Sol de Ribeira, coa colaboración do Concello de Ribeira, da Deputación da Coruña e da Agrupación Folclórica Tahúme.
RIANXO
E en Rianxo están tamén case listas e listos para acompañar á gárgola dende Francia a Compostela este domingo ás 12:30h. no patio do CEIP Castelao.