Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xullo, 2022

Fotos de "A Gárgola do Mestre Mateo" en Vimianzo.

Imaxe
Onte estivemos en Vimianzo coa Asociación Cultural Trubisquiña despedindo a cuarta xira de "A Gárgola do Mestre Mateo" . Actúamos, camtamos e bailamos e que ben o pasamos! Foi coma estar na casa. Nesta semana revelarémosvos algunha sorpresa do que foi esta xira, mentres tanto aquí quedan algunhas fotos. Coa colaboración da Xunta de Galicia, do Xacobeo 21-22, da Agadic e do Concello de Vimianzo.

Dende Vimianzo en streaming!

Imaxe
  Para que ninguén quede sen poder desfrutar desta cuarta xira de "A gárgola do Mestre Mateo" retransmitimos en directo dende a nosa canle de  YouTube. Coa colaboración da Xunta de Galicia, do Xacobeo 21-22, da Agadic e do Concello de Vimianzo.

Xa estamos coa agrupación Trubisquiña!

Imaxe
A cuarta xira de "A Gárgola do Mestre Mateo" chega a súa fin. Estamos moi agradecidas de podermos compartir todos estes momentos. Aquí quedan algunhas fotos dos ensaios previos coa Asociación Cultural Trubisquiña. Coa colaboración da Xunta de Galicia, do Xacobeo 21-22, da Agadic e do Concello de Vimianzo.

A Gárgola do Mestre Mateo en Vimianzo!

Imaxe
L ogo dunhas fins de semana cheas de emocións a cuarta xira de “A Gárgola do Mestre Mateo” chega a súa fin.⁠  A d erradeira actuación da xira será hoxe mesmo ás 21:00h horas na Praza do Concello de Vimianzo⁠ ⁠ Nesta obra, que é unha adaptación de A VIAXE DE SAIRA, a música tradicional ten un papel moi especial.🥁 Nesta representación participará a  Asociación Cultural Trubisquiña No cartaz, ademais de todos os datos da convocatoria atoparedes un debuxo feito polas crianzas do EEI de Carnés!!⁠ ⁠ Coa colaboración da X unta de Galicia  , do Xacobeo 21-22, da AGADIC e do Concello de Vimianzo ⁠ ⁠

Fotos de Escarabote.

Imaxe
Este sábado actuamos en Escarabote coa Asociación Cultural Pedra da Aroña. Deixámosvos algunhas fotos para que vexades como nos divertimos! Coa colaboración da Xunta de Galicia, do Xacobeo 21-22, da Agadic e do Concello de Boiro.

Xa comezamos e estamos retrasmitindo en directo dende Escarabote!

Imaxe
Retransmitindo en directo dende a nosa canle de You Tube para que as persoas que non puideron asistir non queden sen ver a obra. Coa colaboración da Xunta de Galicia, do Xacobeo 21-22, da Agadic e do Concello de Boiro.

Último ensaio de Pedra de Aroña

Imaxe
Nuns minutos comenzamos a actuación no Centro Sociocultural de Escarabote. Deixámosvos unhas fotos do ensaio previo coa Asociación Cultural Pedra de Aroña. Coa colaboración da Xunta de Galicia, do Xacobeo 21-22, da Agadic e do Concello de Boiro.

A Gárgola do Mestre Mateo en Escarabote!

Imaxe
A cuarta xira de "A Gárgola do Mestre Mateo", chega a súa derradeira fin de semana con dúas representacións. A primeira delas será o sábado día 9 de xullo en Escarabote.   Estaremos ás 21 horas no Centro Sociocultural.  Unha adaptación de A VIAXE DE SAIRA, onde a música tradicional ten un papel moi especial.🥁 Coa participación da Asociación Cultural Pedra da Aroña.   Ollade ben o cartaz, ademais de todos os datos da convocatoria atoparedes un debuxo feito polas crianzas do CEIP de Cespón!! Coa colaboración da Deputación de Coruña  , da Xunta de Galicia  , do Xacobeo 21-22, da AGADIC e do Concello de Boiro.

Fotos da actuación en Negreira

Imaxe
  Este domingo as veciñas de Negreira e a Agrupación  Folklórica Veiga do Cotón fixéronos sentir coma na casa! Deixámosvos algunhas fotos que son testemuña do ben que o pasamos! Coa colaboración de Cultura da Deputación da Coruña ,da Xunta de Galicia do Xacobeo 21-22, da Agadic e do Concello de Negreira.

Retransmisión de directo!

Imaxe
Para que ninguén quede sen ver "A Gárgola do Mestre Mateo" retransmitimos en directo dende Negreira para o mundo. Coa colaboración da Deputación da Coruña, da Xunta de Galicia , do Xacobeo 21-22, da AGADIC e do Concello de Negreira.

A piques de comezar en Negreira

Imaxe
Xa estamos en Negreira, nuns minutos comezamos na Praza do Concello. Deixámosvos unhas fotos do ensaio previo coa Agrupación Folklórica Veiga do Cotón. Coa colaboración de Cultura da Deputación da Coruña ,da Xunta de Galicia do Xacobeo 21-22, da Agadic e do Concello de Negreira.