Publicacións populares deste blog
Ensaios para as actuacións de Ribeira e Rianxo
RIBEIRA En de Ribeira xa están quentando motores para esta fin de semana, na que participarán cos seus bailes e músicas en "A Gárgola do Mestre Mateo". Preparadas e preparados! Agardámosvos o sábado ás 22:15h. na Praza Porta do Sol de Ribeira, coa colaboración do Concello de Ribeira, da Deputación da Coruña e da Agrupación Folclórica Tahúme. RIANXO E en Rianxo están tamén case listas e listos para acompañar á gárgola dende Francia a Compostela este domingo ás 12:30h. no patio do CEIP Castelao. Non vola podedes perder!! Coa colaboración do Concello de Rianxo, da Deputación da Coruña e da Agrupación Folclórica Fogo Fatuo. Grazas a todas e todos!!! É un inmenso pracer que nos acompañedes nesta aventura
Teatro, música e baile en Laraño e A Peregrina
E hoxe na Peregrina e en Laraño. Xeniais Novo Río Sarela e Coto da Nai! Obradoiros, función de teatro, música e sobretodo COMUNIDADE. Con todos os coidados, mantendo as medidas de seguridade, facendo o noso traballo con responsabilidade. #aculturaésegura e mellora as nosas vidas, sen dúbida! Agradecidas inmensamente ás agrupacións por tanta implicación e alegría #teatrofamiliar #teatroengalego #teatrofamiliarengalego #musicaendirecto #musicatradicional #axaneladomaxín #agargoladomestremateo #aviaxedesaira #camiñodesantiago



