Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2020

Así foron os obradoiros...

Imaxe
Moito traballamos para ter a punto as actuacións de Laraño, Aríns e A Peregrina!!!! Nos obradoiros de música, danza e xigantes, porque con afouteza e ilusión todo se pode e, porque sobre todo, A CULTURA É SEGURA!!! Organizados por A Xanela do Maxín, coa colaboración das agrupacións folclóricas Os Armadanzas, Coto da Nai e Novo Río Sarela e o financiamento do Concello de Santiago de Compostela GRAZAS A TODAS E TODOS LARAÑO   ARINS A PEREGRINA

Unha fin de semana ben intensa

Imaxe
A Xanela do Maxín tivemos unha fin de semana ben intensa con esta primeira edición de "A Gárgola do Mestre Mateo" Visitamos tres parroquias do rural de Compostela: Aríns, A Peregrina e Laraño c oa colaboración, implicación e complicidade das agrupacións folclóricas e asociacións culturais destas parroquias, desenvolvemos NOVE obradoiros de música, danza e arte e TRES funcións do espectáculo de teatro. Con todas as medidas de seguridade, tendo en conta todos os coidados necesarios, empregamos e valorizamos espazos do patrimonio cultural e arquitectónico do rural compostelán, e sobretodo, creamos COMUNIDADE. Nos tres lugares os AFOROS COMPLETÁRONSE, a veciñanza participou moi activamente e as entidades culturais contribuiron con absoluta entrega e comunión co proxecto. Teimamos en facer fincapé en que #aculturaésegura e mellora a vida das persoas. Precisamos como sociedade, como colectivo, de xuntarnos e crear conxuntamente. Precisamos a música, o teatro e a arte como maneira

Teatro, música e baile en Laraño e A Peregrina

Imaxe
E hoxe na Peregrina e en Laraño. Xeniais Novo Río Sarela e Coto da Nai! Obradoiros, función de teatro, música e sobretodo COMUNIDADE. Con todos os coidados, mantendo as medidas de seguridade, facendo o noso traballo con responsabilidade. #aculturaésegura e mellora as nosas vidas, sen dúbida! Agradecidas inmensamente ás agrupacións por tanta implicación e alegría #teatrofamiliar #teatroengalego #teatrofamiliarengalego #musicaendirecto #musicatradicional #axaneladomaxín #agargoladomestremateo #aviaxedesaira #camiñodesantiago

Obradoiros de Xigantes

Imaxe
Na Peregrina moito traballamos!!! Foi fantástico poder compartir coa veciñanza unha xornada tan especial e o resultado salta á vista.  Creamos un fermoso xigante que despediu a función neste segundo día de "A Gárgola do Mestre Mateo" en Santiago, porque as cousas feitas con cariño sempre resultan ben.

A Gárgola chegou hoxe a San Martiño de Aríns!!

Imaxe
Felices de estar nos escenarios, teimamos en repetir que #aculturaésegura e mellora a vida das persoas. Agradecidas infinitamente pola colaboración e implicación da Asociación Coto da Nai. Moitas gargalladas e moita alegría hoxe, nos preparativos antes de comezar. Recordámosvos que MAÑÁ DOMINGO teredes dobre oportunidade de coñecer esta adaptación de #aviaxedesaira . Ás 12.30h na Carballeira da Peregrina. Ás 18.30h no Campo da Festa de Laraño. Agardámosvos! reservade as vosas entradas no 635364587, que o aforo é limitado!

Quentando motores. Xa estamos chegando...

Imaxe
Xa só quedan uns poucos días para que a Gárgola chegue a Compostela!  Con  A Xanela Do Maxín ,  Celtia Figueiras Rama ,  Borja Insua Lema ,  Topo Vidal ,