EDICIÓNS

5ª edición 

DECEMBRO 2022

Un especial Nadal en Santiago de Compostela realizando 11 representacións (5 delas tamén con retransmisións online). As representacións son nos barrios do Castiñeiriño, Santa Marta, Vite, O Romaño, Vista Alegre e Meixonfrío e nas parroquias de Grixoa, Laraño, Bando, Aríns e O Eixo entre os días 3 e 18 de decembro.

Ao igual que en pasadas edición, contaremos coa colaboración de diferentes agrupacións do municipio, así como o apoio do Concello de Santiago, que financia as actividades.


4ª edición 

XUÑO-XULLO 2022

Esta cuarta edición lévase a cabo grazas ao apoio da Deputación da Coruña e consiste na realización de 10 obradoiros e 5 representacións teatrais en 5 municipios diferentes: Muros, Brión, Negreira, Boiro e Vimianzo entre os días 25 de xuño e 10 de xullo e que se retransmiten online para quen non pode asistir.

As actividades contan coa participación directa das agrupacións folclóricas Xeitura e Agrocovo de Esteiro (Muros), a Agrupación Folclórica de Brión, a Sociedade Folklórica Veiga do Cotón (Negreira), a AC Pedra de Aroña (Boiro) e a AC Trubisquiña (Vimianzo).

Ademais, convocamos un concurso de carteis nos EEI de Tal de Abaixo (Muros), CEIP de Pedrouzos (Brión) EEI de Aro (Negreira), CEIP de Cespón (Boiro) e EEI de Carnés (Vimianzo) para anunciar as funcións nos seus respectivos municipios.


3ª edición 

XULLO-AGOSTO 2021

Repetimos en Santiago nesta terceira edición, realizando 5 obradoiros de construción de xigantes e tamén 11 representacións (5 delas tamén con retransmisións online). As representacións son nos barrios do Castiñeiriño, Fontiñas, Sar, Santa Marta, Vista Alegre, San Lourenzo e nas parroquias de Grixoa, Laraño, Villestro, A Peregrina e Bando entre os días 31 de xullo e 29 de agosto.

Ao igual que a pasada edición, contaremos coa colaboración de diferentes agrupacións do municipio, así como o apoio do Concello de Santiago, que financia as actividades.









2ªedición 

XUÑO-XULLO 2021

A segunda edición lévase a cabo grazas ao apoio da Deputación da Coruña e consiste na realización de 15 obradoiros e 5 representacións teatrais en 5 municipios diferentes: Toques, Noia, Arteixo, Ribeira e Rianxo entre os días 27 de xuño e 11 de xullo e que se retransmiten online para quen non pode asistir.

As actividades contan coa participación directa das agrupacións folclóricas Tahume de Ribeira, O Balado de Toques, Agrupación do Liceo de Noia, Xiradela de Arteixo e Fogo Fatuo de Rianxo.

Ademais, convocamos un concurso de carteis nos CEIP de Toques, CEIP de Palmeira, CEIP Felipe de Castro, CEIP Ponte dos Brozos e CEP Xosé María Brea Segade para anunciar as funcións nos seus respectivos municipios.


1ª edición

OUTUBRO 2020

Esta primeira edición, realizada ao abeiro das axudas ao sector cultural do Concello de Santiago, consistiu nun total de 9 obradoiros e 3 representacións en diferentes parroquias municipio

As representacións celebráronse os días 2, 3 e 4 de outubro do 2020 e contaron coa participación das agrupacións Coto da Nai de Aríns, Novo Río Sarela da Peregrina e Os Armadanzas de Laraño, que exhibiron as músicas, danzas e xigantes que previamente foran elaborados nos obradoiros que se lles impartiu cunha moi activa participación.


Publicacións populares deste blog

Unha fin de semana ben intensa

Este domingo A Gargola do Mestre Mateo chega a Negreira!

Algunhas das fotos da función de hoxe!!