A Gárgola do Mestre Mateo en Escarabote!

A cuarta xira de "A Gárgola do Mestre Mateo", chega a súa derradeira fin de semana con dúas representacións. A primeira delas será o sábado día 9 de xullo en Escarabote.  Estaremos ás 21 horas no Centro Sociocultural.

 Unha adaptación de A VIAXE DE SAIRA, onde a música tradicional ten un papel moi especial.🥁 Coa participación da Asociación Cultural Pedra da Aroña.  Ollade ben o cartaz, ademais de todos os datos da convocatoria atoparedes un debuxo feito polas crianzas do CEIP de Cespón!!

Coa colaboración da Deputación de Coruña , da Xunta de Galicia , do Xacobeo 21-22, da AGADIC e do Concello de Boiro.




Publicacións populares deste blog

Unha fin de semana ben intensa

Este domingo A Gargola do Mestre Mateo chega a Negreira!

Algunhas das fotos da función de hoxe!!