Aquí algunhas imaxes do noso paso pola Colexiata de Sar, en Compostela. Organizada por A Xanela do Maxín coa colaboración de Alakrán Producións, Ribeirart e o financiamento do Concello de Santiago.
En Noia tamén retransmitimos en directo! Dende o Liceo para o mundo!!! Coa colaboración da Sociedade Liceo de Noia, do Concello de Noia, da Deputación da Coruña, da Xunta de Galicia e do Xacobeo 2021.
Na Peregrina moito traballamos!!! Foi fantástico poder compartir coa veciñanza unha xornada tan especial e o resultado salta á vista. Creamos un fermoso xigante que despediu a función neste segundo día de "A Gárgola do Mestre Mateo" en Santiago, porque as cousas feitas con cariño sempre resultan ben.
Últimos ensaios das bailadoras e bailadores no Liceo de Noia, preparándose para a función de mañá. Coa colaboración do Concello de Noia, da Sociedade Liceo de Noia e da Deputación da Coruña