E hoxe na Peregrina e en Laraño. Xeniais Novo Río Sarela e Coto da Nai! Obradoiros, función de teatro, música e sobretodo COMUNIDADE. Con todos os coidados, mantendo as medidas de seguridade, facendo o noso traballo con responsabilidade. #aculturaésegura e mellora as nosas vidas, sen dúbida! Agradecidas inmensamente ás agrupacións por tanta implicación e alegría #teatrofamiliar #teatroengalego #teatrofamiliarengalego #musicaendirecto #musicatradicional #axaneladomaxín #agargoladomestremateo #aviaxedesaira #camiñodesantiago
E aquí a comezamos a retransmisión desta tarde. Dende a Praza Pascual Veiga de Santa Marta neste día tan intenso!! Para as que non o poidades seguir presencialmente, na nosa canle de A Xanela do Maxín en Youtube está en aberto! Coa colaboración de Ribeirart, Alakrán Producións e o financiamento do Concello de Santiago.
Desta vez toca facer varios xigantes, así que imos acelerando para chegar, porque un deles sairá na función que comeza en pouco menos de unha hora. Organizado por A Xanela do Maxín coa colaboración do Concello de Santiago para a mocidade compostelá.