O sábado 25 de xuño A Gargola do Mestre Mateo chega a Esteiro!
Dámoslle a benvida ao verán cheas de enerxía e cunha axenda ben completa. Durante as vindeiras fins de semana estaremos presentando A Gárgola do Mestre Mateo, a primeira das paradas será este sábado as oito da tarde, no Campo do Artón de Esteiro.
Unha adaptación de A Viaxe de Saira coa participación especial dos grupos folclóricos Agrocovo e Xeitura.
Ollade ben o cartaz, ademais de todos os datos atoparedes o debuxo que resultou gañador do concurso desta edición feito polas crianzas do EEI Tal de Abaixo!!!
Coa colaboración da Deputación da Coruña, da Xunta de Galicia , do Xacobeo 21-22, do Agadic e do Concello de Muros.