Disque máis vale unha imaxe, que mil palabras. Pois aí van unhas cantas da función de onte en Rianxo! Organizada por A Xanela do Maxín, coa participación de Fogo Fatuo e a colaboración do Concello de Rianxo, da Deputación da Coruña, da Xunta de Galicia e do Xacobeo 2021.
Estas son algunhas das fotos da función de hoxe na Sociedade Liceo de Noia coa agrupación Folclórica do propio Liceo. Coa colaboración do Concello de Noia, a Sociedade Liceo de Noia, da Deputación da Coruña, da Xunta de Galicia e do Xacobeo 2021.
Xa case a punto a cabeza deste magnífico xigante que sairá en "A Gárgola do Mestre Mateo" que xa comezamos en moi breve. Ás 20:30 no Auditorio de Arteixo. Comeza a conta atrás! Coa colaboración da Deputación da Coruña e do Concello de Arteixo.