Hoxe foi moi especial, pois foi a ultimísima función de "A Gárgola do Mestre Mateo" do mes de decembro. Só temos palabras de agradecemento para todas as funcións que fixemos nos Centros Socioculturais, a todas as agrupacións que fixeron que cada día fora unha experiencia nova e a cada persoa que participou nas actuacións! Vémonos pronto🤪🥳
Último día de función da edición especial Nadal de "A Gárgola do Mestre Mateo"!! Hoxe empezamos o día no CSC de Meixonfrío, e sacamos as nosas mellores galas!! 👀
Para poñerlle o broche de ouro a esta finde tan máxica na que lle demos inicio a xira especial de Nadal da Gárgola do Mestre Mateo, fomos parar a Laraño, e alí volvemos sentirnos cunha grande acollida!! Rematamos cunha nevada na que as familias moito desfrutaron para darlle a benvida ó nadal e ó frío!!
Por se o de onte nos parecera pouco, hoxe volvemos con dúas funcións incríbles! A primeira foi no CSC de Grixoa, na que nos fixeron sentir coma na casa!
Para conectar un pouco máis coa xente, se cabe, fixemos unha postfunción na que falamos de diversos temas do Nadal e do significado para cada unha das presentes!!
Hoxe tivemos o enorme pracer de comezar a xira de Nadal no Centro Socioculturail do Castiñeiriño acompañadas do grupo Armandanzas de Laraño que amenizaron a posta en escea sendo partícipes tamén da propia obra! Algunhas fotiños que nos deixaron moi bo sabor de boca!
Logo das pasadas edicións da Gárgola do Mestre Mateo, onde percorremos os barrrios e as parroquias de Santiago, chega a edición especial do Nadal , adaptándonos a un dos meses máis máxicos do ano! Vémonos nos Centros Socioculturais ⛄️🥳