Publicacións

Fotos de "A Gárgola do Mestre Mateo" en Arteixo

Imaxe
Un resumo en imaxes do que foi a actuación de "A Gárgola do Mestre Mateo" en Arteixo coa Agrupación Folclórica Xiradela e a colaboración da Deputación da Coruña, do Concello de Arteixo, da Xunta de Galicia e do Xacobeo 2021.

Agrupación Folclórica Xiradela

Imaxe
Que grandes!!!! XIRADELA. Que coas súas bailadoras, pandereteiras e gaiteiros fixeron as delicias do público nesta función de "A Gárgola do Mestre Mateo" no auditorio de Arteixo. Coa colaboración da Deputación da Coruña e do Concello de Arteixo.

En directo vía streaming!!!

Imaxe
E para quen hoxe non puido achegarse ao auditorio de Arteixo, tamén estamos a retransmitir a función da "Gárgola do Mestre Mateo" en aberto coa participación da Agrupación Folclórica Xiradela! Coa colaboración da Deputación da Coruña, do Concello de Arteixo, da Xunta de Galicia e do Xacobeo 2021.

Fabricando o xigante para a función

Imaxe
Xa case a punto a cabeza deste magnífico xigante que sairá en "A Gárgola do Mestre Mateo" que xa comezamos en moi breve. Ás 20:30 no Auditorio de Arteixo. Comeza a conta atrás! Coa colaboración da Deputación da Coruña e do Concello de Arteixo.

Últimos ensaios de música e baile en Arteixo

Imaxe
Xa non queda nada! Moitos nervios e ilusión entre as rapazas e rapaces que participarán no espectáculo "A Gárgola do Mestre Mateo" en Arteixo o 2 de xullo.  A reactivación da cultura é un dos obxectivos principais deste proxecto. As afeccionadas e afeccionados son un pilar fundamental e hai disposición dabondo para unha volta á normalidade segura e real. E que a festa non pare!!!  

Arteixo, 2 de xullo ás 20:30h (Anfiteatro)

Imaxe
Coa colaboración da Deputación da Coruña, do Concello de Arteixo, o apoio da Xunta de Galicia, do Xacobeo 21-22 e a participación da Agrupación Folclórica Xiradela

Fotos "A Gárgola do Mestre Mateo" en Toques

Imaxe
Aí vos deixamos algúns momentos da actuación de hoxe na Aula da Natureza de Toques coa agrupación Folclórica o Balado e a colaboración da Deputación da Coruña, da Xunta de Galicia, do Xacobeo 2021 e do Concello de Toques