Este domingo A Gargola do Mestre Mateo chega a Negreira!
Seguimos de xira coa A Gárgola do Mestre Mateo , esta fin de semana chegamos a Negreira! Estaremos ás 12:30 do mediodía do domingo na Praza do Concello. Unha adaptación de A Viaxe de Saira coa participación especial da Sociedade Folklorica Veiga do Cotón Ollade ben o cartaz, ademais de todos os datos atoparedes o debuxo que resultou gañador do concurso desta edición feito polas crianzas do EEI de Aro!!! Coa colaboración da Deputación da Coruña , da Xunta de Galicia , do Xacobeo 21-22, da AGADIC e do Concello de Negreira.